jueves, 26 de noviembre de 2009

Algúns usos do ordenador na nosa aula

-Xa vos ensinei o ordenador de aula do que dispoñemos no noso centro, e aínda que son poucas (como xa dixen) as actividades que se realizan con el, aquí vai unha delas: podemos ver películas!!!!!!!!!!




Nesta fotografía están os nenos de E.I. 3anos, sen perder detalle da peli de "Cocorico"... Eu creo que canto máis a ven, máis lles gusta; non hai máis que ver o atentos que están...

lunes, 23 de noviembre de 2009

Outra nova tecnoloxía....

-Tamén dispoñemos dun cañón na biblioteca para proxectar películas. Está aquí ubicado porque o centro non dispón dunha aula específica para vídeo.








Nestas fotografías podemos ver unha sesión de películas cos nenos de E. Infantil 3anos: vimos a peli dos tres porquiños e tamén a da lebre e a tartaruga.



O meu centro de prácticas.

Bueno, esta é a 1ª entrada que fago neste período de prácticas, pero eque ata agora non tiña moita información e preferín observar e coñecer algo máis sobre a situación das TIC neste centro.
Trátase dun centro da comarca do Xallas, que ata agora non estaba moi ó tanto no tema das novas tecnoloxías pero que agora (principalmente dende o curso pasado) está poñendo en marcha moitos proxectos relacionados con elas.
Pouco a pouco irei comentando os máis salientables.

-En primeiro lugar, dicir que dispoñemos de un ordenador de aula, que está a disposición dos nenos. Dende a miña estancia do centro aínda non o utilizamos, pero xa están programadas actividades nas que os nenos van a aprender cousas básicas para traballar con el.

martes, 17 de noviembre de 2009

lunes, 2 de noviembre de 2009

Comezando cos blogs!

Hola, esta é a miña primeira experiencia no mundo dos blogs, espero non ser moi torpe!!!!!!!!!