miércoles, 6 de enero de 2010

Bueno, a pesar de que xa fai uha temporadiña que acabaron as prácticas, fago a miña última entrada, para animarvos a todos a que entredes nos 2blogs que hai no centro.
Estes blogs creounos unha profesora de relixión, que cansada de tantas fichas e libros e de ver ós nenos con caras aburridas e moi desmotivados, se lle ocorreu outra forma de traballar a súa materia na aula. Esta profesora, que merece que a mencionemos, chámase Mª Carmen Lodeiro, e é un exemplo a seguir.
Os nenos participan nos blogs de formas moi diversas, como poderedes comprobar se vos pica a curiosidade (con historias persoais, contos inventados por eles mesmos...). Están moi contentos con esta forma de traballar, xa que disfrutan aprendendo, que para os nenos é o máis importante.
Bueno, pois aquí vos deixo as direccións, e espero que vos gusten.

http://carmenlodeiroblogspot.com/
http://cometacarmenlodeiroblogspot.com/


MOITOS SAÚDOS E BICOS, E POR SUPOSTO, FELIZ ANO!!!

viernes, 18 de diciembre de 2009

Pizarra dixital.

Creo que non hai dúbida de que se non falei antes da pizarra dixital é porque
neste centro non se utiliza, debido a que non contan con recursos suficentes para
elo. (Seguimos coa tiza, para non perder o costume..)
Únicamente contan cunha pizarra deste tipo, e paréceme interesante
destacar que se están a realizar uns cursos para que os mestres e mestras
que o crean necesario poidan aprender a utilizala; estes cursos son impartidos polo coordinador das TIC no centro, Rafa, que tamén é profesor de Educación Infantil (4anos).
Aproveito esta ocasión para comentar que no colexio hai uns grupos de dinamización, como o da biblioteca ou o de convivencia, e por suposto, o das TIC, cuyos integrantes se reúnen todos os mércores para avaliar a situación na que se atopa o centro neste aspecto, para considerar distintas alternativas, para o mantemento dos recursos dispoñibles ata o momento...

Seguimos indagando...



Bueno, despois de andar vagando un mes polo centro, xa podo dicir que coñezo algo máis sobre as TICs no centro. Ata o de agora amoseivos a aula de informática, o cañon proxector situado na biblioteca (que moi a miúdo utilizan as profes de Educación Infantil para ver pelis cos nenos e nenas), e tamén dixen que o centro dispón dun ordenador por aula, de feito, ensineivos o da nosa, xunto cun radiocasette, (que estes días bota fume con tantas panxoliñas!!).



Ademais de todo isto, gustaríame destacar que o centro tamén conta con ordenadores nos despachos da directora, da xefa de estudos e do secretario, e tamén na sala de profesores; ademáis, tamén hai impresoras(en cada un dos despachos, na sala de profesores, unha na aula de informática e na secretaría); televisións, reproductores de vídeo e dvd, unha cámara de fotos e unha de vídeo, proxector de corpos opacos, unha mini cadena, proxectores de diapositivas..
Non me vou seguir extendendo, porque non queda moito por contar, xa que como dixen ó comezo, este centro non está moi ó tanto no tema das tecnoloxías da información e da comunicación.

jueves, 3 de diciembre de 2009

A nosa aula de informática!

Este centro de Educación Infantil e Primaria, ademáis de ter un ordenador por aula, como xa dixen anteriormente, dispón dunha aula de informática para que os mestres poidan levar ós alumnos e ilos adentrando un pouco máis neste amplo mundo das novas tecnoloxías.



Case exclusivamente os que utilizan esta aula son os de primaria, posto que o elevado número de alumnos que hai por aula (na nosa aula somos 22alumnos) fai imposible que os mestres de infantil poidan traballar aquí con eles.




Esta aula tamén está dispoñible para todos os mestres e mestras que desexen facer algunha consulta cando está libre.



Tamén me gustaría destacar que nesta aula se imparten cursiños polas tardes para aqueles mestres que desexen aprender un pouquiño máis sobre o mundo da informática.

jueves, 26 de noviembre de 2009

Algúns usos do ordenador na nosa aula

-Xa vos ensinei o ordenador de aula do que dispoñemos no noso centro, e aínda que son poucas (como xa dixen) as actividades que se realizan con el, aquí vai unha delas: podemos ver películas!!!!!!!!!!




Nesta fotografía están os nenos de E.I. 3anos, sen perder detalle da peli de "Cocorico"... Eu creo que canto máis a ven, máis lles gusta; non hai máis que ver o atentos que están...

lunes, 23 de noviembre de 2009

Outra nova tecnoloxía....

-Tamén dispoñemos dun cañón na biblioteca para proxectar películas. Está aquí ubicado porque o centro non dispón dunha aula específica para vídeo.








Nestas fotografías podemos ver unha sesión de películas cos nenos de E. Infantil 3anos: vimos a peli dos tres porquiños e tamén a da lebre e a tartaruga.



O meu centro de prácticas.

Bueno, esta é a 1ª entrada que fago neste período de prácticas, pero eque ata agora non tiña moita información e preferín observar e coñecer algo máis sobre a situación das TIC neste centro.
Trátase dun centro da comarca do Xallas, que ata agora non estaba moi ó tanto no tema das novas tecnoloxías pero que agora (principalmente dende o curso pasado) está poñendo en marcha moitos proxectos relacionados con elas.
Pouco a pouco irei comentando os máis salientables.

-En primeiro lugar, dicir que dispoñemos de un ordenador de aula, que está a disposición dos nenos. Dende a miña estancia do centro aínda non o utilizamos, pero xa están programadas actividades nas que os nenos van a aprender cousas básicas para traballar con el.