jueves, 3 de diciembre de 2009

A nosa aula de informática!

Este centro de Educación Infantil e Primaria, ademáis de ter un ordenador por aula, como xa dixen anteriormente, dispón dunha aula de informática para que os mestres poidan levar ós alumnos e ilos adentrando un pouco máis neste amplo mundo das novas tecnoloxías.



Case exclusivamente os que utilizan esta aula son os de primaria, posto que o elevado número de alumnos que hai por aula (na nosa aula somos 22alumnos) fai imposible que os mestres de infantil poidan traballar aquí con eles.




Esta aula tamén está dispoñible para todos os mestres e mestras que desexen facer algunha consulta cando está libre.



Tamén me gustaría destacar que nesta aula se imparten cursiños polas tardes para aqueles mestres que desexen aprender un pouquiño máis sobre o mundo da informática.

No hay comentarios:

Publicar un comentario