viernes, 18 de diciembre de 2009

Seguimos indagando...



Bueno, despois de andar vagando un mes polo centro, xa podo dicir que coñezo algo máis sobre as TICs no centro. Ata o de agora amoseivos a aula de informática, o cañon proxector situado na biblioteca (que moi a miúdo utilizan as profes de Educación Infantil para ver pelis cos nenos e nenas), e tamén dixen que o centro dispón dun ordenador por aula, de feito, ensineivos o da nosa, xunto cun radiocasette, (que estes días bota fume con tantas panxoliñas!!).



Ademais de todo isto, gustaríame destacar que o centro tamén conta con ordenadores nos despachos da directora, da xefa de estudos e do secretario, e tamén na sala de profesores; ademáis, tamén hai impresoras(en cada un dos despachos, na sala de profesores, unha na aula de informática e na secretaría); televisións, reproductores de vídeo e dvd, unha cámara de fotos e unha de vídeo, proxector de corpos opacos, unha mini cadena, proxectores de diapositivas..
Non me vou seguir extendendo, porque non queda moito por contar, xa que como dixen ó comezo, este centro non está moi ó tanto no tema das tecnoloxías da información e da comunicación.

No hay comentarios:

Publicar un comentario