viernes, 18 de diciembre de 2009

Pizarra dixital.

Creo que non hai dúbida de que se non falei antes da pizarra dixital é porque
neste centro non se utiliza, debido a que non contan con recursos suficentes para
elo. (Seguimos coa tiza, para non perder o costume..)
Únicamente contan cunha pizarra deste tipo, e paréceme interesante
destacar que se están a realizar uns cursos para que os mestres e mestras
que o crean necesario poidan aprender a utilizala; estes cursos son impartidos polo coordinador das TIC no centro, Rafa, que tamén é profesor de Educación Infantil (4anos).
Aproveito esta ocasión para comentar que no colexio hai uns grupos de dinamización, como o da biblioteca ou o de convivencia, e por suposto, o das TIC, cuyos integrantes se reúnen todos os mércores para avaliar a situación na que se atopa o centro neste aspecto, para considerar distintas alternativas, para o mantemento dos recursos dispoñibles ata o momento...

No hay comentarios:

Publicar un comentario